sábado, 15 de diciembre de 2012

Novos novísimos dereitos das nenas e nenos

1. A inventar trasnos e a ter amigos do tamaño da tenrura do largo da nosa aperta.

2. A equivocarnos tantas veces como cumpra; a inventar as nosas propias formas de aprender e algún luns pórnos os zapatos ao revés.


3. A elevar cometas e fantasías máis arriba das nubes, sen que nos chamen despistados


4. A ter a barriga chea para a sopa, pero dispoñible para unha paleta de limón.


5. A crer no anxo da garda, na fada madriña, ou no noso oso motoso.


6. A non estar de acordo cos mestres e dicirllo sen que nos quiten o recreo.


7. A pasarnos á cama de papá ou mamá cando temos pesadelos. 

8. A demorarnos mentres pensamos que dicir. 


9. A ollar pola ventá da escola cando as montañas estean máis lindas que a clase. 

10. A ter polo menos unha avoa, así sexa inventada, con quen falar de sapos e unicornios, pero non estar obrigado a darlle bicos a tía Carmucha
.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.